luns, 7 de xullo de 2014

O ano pasado estivemos NA HORA DO CONTO en Pontevedra, na compaña destes nenos e nenas tan guapos, tan lindos, tan feitiños... Cantamos, bailamos, xogamos e rimos moitísimo
Os pequenos entregadísimos e nós disfrutámolo moitísimo. 

"A hora do conto" é un proxecto de animación a lectura no Pazo da Cultura en Pontevedra que vén da man de Pavís Pavós, un grupo de narradores(Tareixa Alonso, Xacobe Rodríguez) coa finalidade de transmitir aos nenos/as o gusto polos libros. Partindo da oralidade, Pavís Pavós traballa en torno ás historias tradicionais e de tradición galega para estimular a imaxinación a través dos sentidos.

Sara Torrado fixo o vídeo e a montaxe.

Esperamos vover a vervos pronto. 

Biquiños




domingo, 6 de xullo de 2014

Presentación na librería Paz de Pontevedra

Xa hai unha semana e media que fixemos a nosa primeira presentación na librería Paz de Pontevedra.
Hoxe podemos ver  neste video, anaquiños dos momentos tan marabillosos que pasamos con vós: como a nosa gran ilustradora Carlota, ensinando algúns dos seus debuxos, a bruxa Brita converténdonos en moitos animáis, dando un paseo pola selva e despedíndonos cun aburiño cheo de alegría e desexos de volver a vernos moi pronto nesta fermosa cidade.
Pasámolo fenomenal con todos vós , grazas de todo corazón.


Bicos de sol para tos e todas




martes, 24 de xuño de 2014

Presentación de Té, chocolate, café

Queredes pasar un bo rato cantando cantigas con nós?
Queredes saber segredos do libro cd Golfiños?
Queres coñecer á ilustradora máis divertida?
Pois ven o xoves día 26 a Librería Paz en Pontevedra as 20:00h.
Os Golfiños estaremos alí para cantar, bailar  e pasalo moi ben contigo.

xoves, 5 de xuño de 2014

domingo, 1 de xuño de 2014

Xa temos Té, chocolate, café

 Xa temos nas mans o libro cd "Té, chocolate, café" cheo de cantigas , de cores ,de historias...
cheo de ilusión.
A partires desta semana xa o podedes pedilo nas vosas tendas favoritas.
Moitos bicos e boa semana para todos e todas.



mércores, 28 de maio de 2014

Presentación de Té, chocolate, café no auditorio do Concello de Vigo

Que día tan feliz!

Foron moitos os que nos acompañaron neste día tan especial para nós.
Xa temos novo espectáculo e un libro cd fermosísimo que está a encher a nosas vidas de ilusión e emoción.
Grazas a todos por vir e facernos disfrutar dunha tarde moi feliz.











xoves, 22 de maio de 2014

Bea De Cea Vazquez



























Miro aos ollos de Bea e noto a música brotar
Beatriz de Cea Vázquez  é alegría, é paixón, é raza, un bo viño que degustar lentamente. Unha voz escura, tenra e vibrante que chega ao máis profundo da alma.
Moitos de vós aínda non a coñecedes , por iso facemos esta entrevista ; para presentarvos a unha gran artista, a voz do tema máis tenro do disco Té, chocolate, café. 



Cantas veces cantaches "durme durme negriño" ao longo da túa vida?

­Uf, incontables… é unha das cancións que eu xa cantaba aos meus nenos 
cando eran moi  pequenos.

­Cales son os referentes con máis influencia na túa música?

­Principalmente a miña nai. Na miña casa sempre se cantou e a familia da miña 
nai estaba chea de xente que cantaba moi ben.

­Eres entón das que cantas pola casa ou das que esperan ás ocasións especiais?

­Antes cantaba moito máis na casa, agora  fun deixándoo un pouquiño…
Pero sempre fun de cantar na casa, de feito, cando viviamos na cidade,  as veciñas 
do edificio esperaban que eu comezara para achegarse ao balcon a escoitarme, 
sobre todo María a do 6A coa que gardo unha profunda amizade dende hai máis de
40 anos.
 
Cal era o teu repertorio nese patio?

Normalmente eu sempre cantei cancións de Maria Dolores Pradera, Chavela 
Vargas, algunha que outra copla, zarzuelas.... ademáis do repertorio que tiña que ensaiar e preparar cando estaba na coral Casablanca.

­De todos os que citas terás algún que sexa o teu favorito?

­Son moitos e casi todos sudamericanos:

Ataualpa Yupanqui, Cafrune, Mercedes

Sosa, tamén e por suposto as "rancheras".

­Lembras a primeira canción que cantaches de nena?

(rí) seguramente algunha de igrexa porque eu fun alumna de internado 
de monxas no que estiven nove anos , co cal "papei" moita musica sacra. 
Lembro que de moi cativa xa formaba parte do coro e facía a voz grave.
Agora sigo tendo a voz grave, pero xa dunha avoa.

­ Gustache mais o vinilo de antano ou o CD de hogano?


O LP de antaño, sen dúbida, non ten o mesmo son que o cd. Os que somos de outro tempo temos moi forte o recordo de ese son.

Lembro incluso o son dos discos de pizarra que poñía o meu pai e precisamente unha canción que dicía: (canta) "Juan Pedro le preguntaba al herrero en su herrería por qué en el hierro escupía después que localentaaaaaaaba..." 
Era unha canción moi simpática. Juan Pedro e un neno e o ferreiro contoulle que cuspía no ferro quente para enfrialo, máis tarde Juan Pedro foi a súa casa e cando a súa nai serviu a sopa , Juan Pedro cuspiu nela  para enfriala.

(rí)

­ E agora ? podes escoitar vinilos e discos de pizarra?

Pois si!, temos discos de pizarra, dúas gramolas e tocadiscos con moitos

vinilos. Afortunadamente casei cun melómano coma min (cando casa a sapa

casa o sapo).

Por último que tal foi a experiencia de gravar en "té, chocolate, café"?

Bueno, e que aquí van unidos moitos sentimentos..todos os meus amores están
dentro de este traballo e son parte da miña vida, marido, fillo, nora, neta , neto…

digamos que me sentín a muller maís afortunada do mundo.


martes, 13 de maio de 2014

GOLFIÑOS

Xa estamos a piqués de publicar o noso libro cd para os máis pequenos da casa.
Unhas cantigas preciosas e unhas ilustracións deliciosas que atoparás neste traballo de Golfiños que leva por título "Té, chocolate, café"
O vindeiro domingo 25 de maio faremos a presentación do noso novo espectáculo no auditorio do concello de Vigo onde cantaremos os temas do disco, divertiremonos, e soñaremos coa música.