xoves, 22 de maio de 2014

Bea De Cea Vazquez



























Miro aos ollos de Bea e noto a música brotar
Beatriz de Cea Vázquez  é alegría, é paixón, é raza, un bo viño que degustar lentamente. Unha voz escura, tenra e vibrante que chega ao máis profundo da alma.
Moitos de vós aínda non a coñecedes , por iso facemos esta entrevista ; para presentarvos a unha gran artista, a voz do tema máis tenro do disco Té, chocolate, café. 



Cantas veces cantaches "durme durme negriño" ao longo da túa vida?

­Uf, incontables… é unha das cancións que eu xa cantaba aos meus nenos 
cando eran moi  pequenos.

­Cales son os referentes con máis influencia na túa música?

­Principalmente a miña nai. Na miña casa sempre se cantou e a familia da miña 
nai estaba chea de xente que cantaba moi ben.

­Eres entón das que cantas pola casa ou das que esperan ás ocasións especiais?

­Antes cantaba moito máis na casa, agora  fun deixándoo un pouquiño…
Pero sempre fun de cantar na casa, de feito, cando viviamos na cidade,  as veciñas 
do edificio esperaban que eu comezara para achegarse ao balcon a escoitarme, 
sobre todo María a do 6A coa que gardo unha profunda amizade dende hai máis de
40 anos.
 
Cal era o teu repertorio nese patio?

Normalmente eu sempre cantei cancións de Maria Dolores Pradera, Chavela 
Vargas, algunha que outra copla, zarzuelas.... ademáis do repertorio que tiña que ensaiar e preparar cando estaba na coral Casablanca.

­De todos os que citas terás algún que sexa o teu favorito?

­Son moitos e casi todos sudamericanos:

Ataualpa Yupanqui, Cafrune, Mercedes

Sosa, tamén e por suposto as "rancheras".

­Lembras a primeira canción que cantaches de nena?

(rí) seguramente algunha de igrexa porque eu fun alumna de internado 
de monxas no que estiven nove anos , co cal "papei" moita musica sacra. 
Lembro que de moi cativa xa formaba parte do coro e facía a voz grave.
Agora sigo tendo a voz grave, pero xa dunha avoa.

­ Gustache mais o vinilo de antano ou o CD de hogano?


O LP de antaño, sen dúbida, non ten o mesmo son que o cd. Os que somos de outro tempo temos moi forte o recordo de ese son.

Lembro incluso o son dos discos de pizarra que poñía o meu pai e precisamente unha canción que dicía: (canta) "Juan Pedro le preguntaba al herrero en su herrería por qué en el hierro escupía después que localentaaaaaaaba..." 
Era unha canción moi simpática. Juan Pedro e un neno e o ferreiro contoulle que cuspía no ferro quente para enfrialo, máis tarde Juan Pedro foi a súa casa e cando a súa nai serviu a sopa , Juan Pedro cuspiu nela  para enfriala.

(rí)

­ E agora ? podes escoitar vinilos e discos de pizarra?

Pois si!, temos discos de pizarra, dúas gramolas e tocadiscos con moitos

vinilos. Afortunadamente casei cun melómano coma min (cando casa a sapa

casa o sapo).

Por último que tal foi a experiencia de gravar en "té, chocolate, café"?

Bueno, e que aquí van unidos moitos sentimentos..todos os meus amores están
dentro de este traballo e son parte da miña vida, marido, fillo, nora, neta , neto…

digamos que me sentín a muller maís afortunada do mundo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario